• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Barrenetxe s.coop.

Barrenetxe é unha cooperativa de agricultores que produce as verduras e hortalizas tradicionais do País Vasco. Caracterízase por estar preto dos mercados e por ofrecer gran variedade, calidade e frescura nos produtos. Os nosos escolares visitan campos e invernadoiros de froitas e verduras. Aprenden a orixe dos produtos e como se cultivan e recollen. Como coas novas tecnoloxías aplicadas á agricultura se conseguen produtos de primeira calidade. Ensinámoslles a importancia de consumir produtos de tempada para favorecer a economía local. E do campo á mesa. Descubrirán o proceso de elaboración e envasado para que ao mercaren estes produtos nas tendas sexan quen de valorar o esforzo e o traballo dos nosos produtores locais.

Obxectivos

  • Coñecer un produtor agroalimentario e o seu produto final.
  • Ser conscientes da importancia de consumir produtos locais.

Competencias claves

  • Comunicación lingüística (CL).
  • Aprender a aprender (AA).
  • Competencias sociais e cívicas (SC).
  • Conciencia e expresións culturais (CEC).

Actividades

Estas actividades pódense levar a cabo de xeito individual ou en grupo pequeno, e é moi beneficiosa a posta en común do traballo realizado por todos os alumnos.

  • Reflexionamos todos xuntos.
  • Clasificamos as verduras e hortalizas por cores.
  • Cales son as verduras e hortalizas favoritas da nosa clase?
  • O conto dos invernadoiros.
Descárgao!

Contidos relacionados

Os produtos da miña terra Galicia

Información sobre produto local. Información sobre Denominación de Orixe Protexida. Actividade: “...

Como me alimento e coido o meu mundo

Comprobar que saben os alumnos de sostibilidade. Intercambiar ideas e opinións sobre o tema en...

Pirámide de alimentación saludable - Consumer

A pirámide da alimentación saudable e os grupos de alimentos

Información sobre a importancia da alimentación. Información sobre as consecuencias dunha mala...