• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Nusi

NUSI é unha piscifactoría alavesa que se dedica á produción da Troita Arco da Vella. Conta cos medios tecnolóxicos máis avanzados do sector para garantir a máxima calidade do peixe: troita enteira, troita eviscerada e troita asalmonada. Na visita a NUSI descubriremos o funcionamento dunha piscifactoría, como se crían as troitas e que coidados son necesarios para que alcancen o tamaño axeitado: tipos de troitas, alimentación, clasificación... Coñeceremos o proceso completo e os coidados necesarios para que cheguen en óptimas condicións aos mercados. Os escolares gozan tamén dunha experiencia inesquecible no lago de pesca que posúe a piscifactoría.
english

Obxectivos

  • Coñecer un produtor agroalimentario e o seu produto final.
  • Ser conscientes da importancia de consumir produtos locais.

Competencias claves

  • Comunicación lingüística (CL).
  • Aprender a aprender (AA).
  • Competencias sociais e cívicas (SC).
  • Conciencia e expresións culturais (CEC).

Actividades

Estas actividades pódense levar a cabo de xeito individual ou en grupo pequeno, e é moi beneficiosa a posta en común do traballo realizado por todos os alumnos.

  • Aprendemos especies de peixe.
  • Oito razóns para comer peixe.
  • Sigue as pistas.
  • Facemos murais.
Descárgao!

Contidos relacionados

Os produtos da miña terra Galicia

Información sobre produto local. Información sobre Denominación de Orixe Protexida. Actividade: “...

Como me alimento e coido o meu mundo

Comprobar que saben os alumnos de sostibilidade. Intercambiar ideas e opinións sobre o tema en...

Pirámide de alimentación saludable - Consumer

A pirámide da alimentación saudable e os grupos de alimentos

Información sobre a importancia da alimentación. Información sobre as consecuencias dunha mala...