• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

UDAPA

UDAPA é unha cooperativa participada por produtores agrarios que comparten un proxecto común: ofrecer a mellor pataca do mercado. Dende Udapa ofrécense ao mercado patacas saborosas, uniformes e ricas en nutrientes. A visita a UDAPA comeza polos campos. Os escolares poderán visitar as plantacións de patacas e coñecer as distintas variedades. Logo poderán asistir a todo o proceso posterior no sector de lavado e envasado, onde se clasifican, agrupándoas para achegaren todas as súas propiedades, segundo os diferentes cociñados.

Obxectivos

  • Coñecer un produtor agroalimentario e o seu produto final.
  • Ser conscientes da importancia de consumir produtos locais.

Competencias claves

  • Comunicación lingüística (CL).
  • Aprender a aprender (AA).
  • Competencias sociais e cívicas (SC).
  • Conciencia e expresións culturais (CEC).
  • Actividades

    Estas actividades pódense levar a cabo de xeito individual ou en grupo pequeno, e é moi beneficiosa a posta en común do traballo realizado por todos os alumnos.

    • Da terra ao supermercado.
    • O noso receitario.
    • Experimento.
    Descárgao!

    Contidos relacionados

    Os produtos da miña terra Galicia

    Información sobre produto local. Información sobre Denominación de Orixe Protexida. Actividade: “...

    Como me alimento e coido o meu mundo

    Comprobar que saben os alumnos de sostibilidade. Intercambiar ideas e opinións sobre o tema en...

    Pirámide de alimentación saludable - Consumer

    A pirámide da alimentación saudable e os grupos de alimentos

    Información sobre a importancia da alimentación. Información sobre as consecuencias dunha mala...