• iniciar sesión
    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.
    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.
  • rexistro

Queres participar?

Ensínalles aos nenos e nenas durante a súa etapa escolar a comer san e crecer fortes, en definitiva a ser máis felices, co Programa Educativo en Alimentación e Hábitos Saudables Enerxía para Crecer. É moi sinxelo, sigue os pasos e forma parte da nosa comunidade.

Como funciona?

9 de cada 10 educadores recomendan o Programa Educativo Enerxía para crecer

  • 0Grao de utilidade do Programa Educativo
  • 0Satisfacción global co taller realizado
  • 0Grau d'utilitat del Programa Educatiu
*Datos recollidos sobre unha mostra de 100 centros educativos participantesDescargar presentación Ver vídeo explicativo
01

Rexistro

O noso Programa Educativo Enerxía para Crecer ten como fin sensibilizar os cativos de 4º e 5º de primaria e da súa contorna sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e hábitos de vida saudables. Para iso o Programa Educativo desenvólvese nos centros escolares a través do material didáctico elaborado e a visita aos nosos talleres.

Mediante o rexistro poderás acceder ás sesións didácticas e solicitar visitas do teu centro aos nosos talleres. Unha vez completado o Programa Educativo poderás solicitar o diploma de Escola Saudable e o voso Centro será recoñecido por promover unha alimentación e hábitos de vida saudables entre os vosos alumnos.

Non atopas o teu centro educativo?

02

Unidade didáctica

As sesións da Unidade Didáctica consisten en 10 leccións que se desenvolven na aula.

Un Comité Científico desenvolveu 10 sesións con contidos que buscan formar o alumnado en alimentación equilibrada, hábitos de vida saudables, o coñecementos dos produtos locais, as dietas doutros lugares do mundo e a sustentabilidade do planeta.

Ademais, co fin de pór en práctica os conceptos aprendidos, os alumnos poderán realizar 3 talleres: nunha tenda Eroski, nun produtor local e nunha aula de cociña. 

Descargar

A pirámide nutricional e os grupos de alimentos

Alimentación e hábitos saudables

A etiquetaxe nutricional e o semáforo nutricional

Os produtos da miña terra Galicia

Como me alimento e coido o meu mundo

Módulo de recordo

Coa colaboración de:

03

Obradoiros prácticos

Os nosos talleres prácticos son a mellor ferramenta para afianzar os coñecementos desenvolvidos na clase. Neles os nenos e nenas de primaria seguirán asimilando conceptos ao tempo que viven unha experiencia inesquecible.

Mediante tres talleres, os nenos e nenas de primaria porán en práctica todo o aprendido na aula. Un deles lévase a cabo nunha tenda onde aprenden a facer a compra para elaborar un menú saudable. O segundo desenvólvese nas instalacións dun produtor agroalimentario local, onde aprenden como se producen algúns dos alimentos típicos da súa rexión. E o último, que ten lugar nunha aula de cociña dun supermercado ou hipermercado Eroski, consiste en elaborar un menú equilibrado.

Participa

Hoxe facemos unha compra equilibrada

O chef da clase

Os produtos da miña terra

04

Diploma de Escola saludable

Pensamos que os Centros Educativos que promoven unha alimentación sa e uns hábitos de vida saudables entre os seus alumnos merecen ser recoñecidos. Por iso, todos os Centros que realicen o Programa Educativo obterán o diploma de “Escola Saudable”.

Solicita o teu diploma