• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Calculadora de calorías

  • app Calculadora de calorías
  • aplicaciones para educacion secundaria alimentacion
  • Aplicación alimentación sana para escolares
Idade: 
Escolares de últimos cursos de primaria e secundaria.
Idioma del recurso: 
Castelán/Inglés
Prezo: 
Gratuíta
Descrición:

Calculadora de calorías é unha aplicación para teléfonos móbiles e tabletas que permite traballar cos escolares dos últimos cursos de primaria e mais cos de secundaria as diferentes densidades calóricas contidas nos alimentos. Esta aplicación permite coñecer nun só intre cantas calorías conteñen 1.900 alimentos distintos, entre os que figuran algunhas das comidas rápidas máis consumidas por algúns escolares; entre elas, a bolería industrial e mais as hamburguesas. Esta aplicación pódese empregar nas leccións de alimentación saudable nas escolas, como ferramenta para a prevención da perigosa obesidade infantil entre os alumnos e alumnas destas idades.

Tamén che pode interesar