• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Dentes felices, nenos sans

  • Dentes felices, nenos sans
  • hada-dientes
  • dentista
Idade: 
De 2 a 6 anos
Idioma del recurso: 
Castelán
Prezo: 
Gratuíta
Descrición:

A App desenvolveuse xunto con dentistas pediátricos certificados y educadores expertos. Nunca é demasiado pronto para ensinar os teus fillos como deben cepillar os dentes! Esta aplicación interactiva e divertida anima os nenos e nenas a coidar dos seus dentes e estar saudables. Con 7 actividades de xogos de rol, aos máis pequenos vailles encantar esta aplicación.

Cepilla os teus dentes, retira bacterias e identifica comida saudable que mantén os teus dentes fortes.  Visita o consultorio do dentista e do ortodoncista, decora a túa propia caixa de dentes e recibe sorprendentes agasallos da fada dos dentes. Ata podes cantar unha canción con ritmo para o cepillado dos dentes. Unha experiencia única para unir pais e fillos.

Dentes Felices, Nenos Sans está recomendado para nenos de idades entre os 2 e os 6 anos.

Tamén che pode interesar