• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Food flight (Voo de alimentos)

  • App Food flight Vuelo de alimentos
  • App infantil
  • Aplicación educativa alimentación sana para escolares
Idade: 
Alumnos de primaria.
Idioma del recurso: 
Inglés
Prezo: 
Gratuíta.
Descrición:

Food flight (voo de alimentos) e unha sinxela e educativa aplicación que lles vai ensinar aos nenos e nenas a partir dos cinco anos a se alimentaren dunha maneira saudable. Cal é o obxectivo da app? Que os escolares aprendan a cubrir as 2.000 quilocalorías diarias que de media precisan do xeito máis equilibrado.
O funcionamento desta app infantil é simple: os cativos deben axudar a un simpático boneco de neve a capturar os diferentes alimentos que caen do aire.
Ademais, os nenos e nenas axiña aprenderán que ata o propio boneco de neve precisa alimentarse dun xeito saudable: do ceo vai caer todo tipo de comidas, pero só se evitan que o boneco coma demasiados doces superarán a partida.

Tamén che pode interesar