• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

A horta do doutor Panda

  • App infantil La huerta del doctor Panda
  • App infantil huertos escolares
  • Aplicación educativa para escolares
  • Alimentación sana de niños y niñas
Idade: 
Escolares de educación infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma del recurso: 
Castelán/Inglés
Prezo: 
1,59 euros.
Descrición:

A horta do doutor Panda é unha aplicación infantil que lles ensina aos nenos e nenas de entre catro anos e oito anos de onde proceden os alimentos vexetais e froitas que precisan consumir acotío para medraren sans.
Esta app educativa achégalles aos escolares o traballo na granxa e as distintas ferramentas que precisan para manteren os cultivos en bo estado, ao tempo que esperta o seu interese polos labores nas hortas escolares.
Os nenos van axudar o doutor Panda a sementar a horta, a regar os cultivos, a liberalos das pragas e mais a recoller os froitos. Estas tarefas converten esta divertida ferramenta educativa infantil nun interesante medio de lles transmitir aos escolares a importancia do traballo nas granxas e hortas escolares.

Tamén che pode interesar