• iniciar sesión
    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.
    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

A incrible viaxe da dixestión

Idade: 
Escolares de primaria e primeiros cursos de secundaria.
Idioma del recurso: 
Castelán/Inglés
Prezo: 
1,79 euros.
Descrición:

Aplicación en inglés que lles ensina aos alumnos de primaria a viaxe dos alimentos dentro do corpo, mentres que lles inculca a importancia dunha dieta sa.
Esta app educativa da alimentación saudable permítelles aos escolares aprender e fixar os seus coñecementos sobre o proceso de dixestión e os diferentes órganos que implica.
A aplicación tamén explora as repercusións que algúns alimentos pouco saudables poden ter no corpo, entre elas as dores de estómago, consecuencia dunha dixestión pesada.
Esta aplicación didáctica resulta, en consecuencia, unha divertida ferramenta para traballar a dixestión dos alimentos e mais a importancia de coidar da alimentación.

Tamén che pode interesar