• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

O dragón Simón e a fada Golosa

  • App infantil El dragón Simón y el hada Golosa
  • aplicaciones educativas alimentación sana
  • app alimentos educación primaria
  • app contra obesidad infantil
  • Alimentación sana niños
Idade: 
Escolares de educación infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma del recurso: 
Castelán
Prezo: 
1,79 euros.
Descrición:

O dragón Simón e a fada Golosa é unha app que persegue previr a obesidade infantil entre os alumnos de infantil e primeiros cursos de primaria, amais de lles ensinar a importancia de comer ben e de realizar deporte decote.
Esta app didáctica consiste nun conto interactivo -con
ilustracións de Mercé Arànega- que narra a historia da Fada Golosa, que non quere comer froita nin facer deporte, polo que engorda e engorda. Ata que un día queda atrancada no tobogán e o Dragón Simón ten que vila rescatar.
Esta app educativa, creada para previr a obesidade entre os escolares máis cativos, incorpora actividades para colorear online cos dedos, que favorecen que os nenos e nenas fixen os coñecementos aprendidos mediante o xogo.
A aplicación vailles permitir aos profesores traballar tamén outros valores importantes cos alumnos; entre eles, a mellora da autoestima, xa que a obesidade adoita crear inseguridade entre os nenos e nenas que a padecen.

Tamén che pode interesar