• iniciar sesión
    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.
    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

O restaurante do doutor Panda

  • El restaurante del doctor Panda
  • aplicaciones educativas alimentación sana
  • App educativas alimentacion
  • Alimentación sana de niños y niñas
  • app educación primaria
  • Alimentos sanos educacion primaria
Idade: 
Escolares de educación infantil e primeiros cursos de primaria
Idioma del recurso: 
Castelán/Inglés
Prezo: 
1,50 euros en Google Play, gratuíta para iPhone.
Descrición:

O restaurante do doutor Panda é unha divertida e exitosa aplicación infantil que permitirá achegar os alumnos de infantil e cursos iniciais de primaria ao mundo da cociña e da alimentación saudable.
Divertidos personaxes aparecerán no restaurante do doutor Panda, entre eles, unha coqueta gatiña ou unha simpática elefanta vestida cun tutú. Os nenos e nenas vanlle axudar ao doutor Panda a preparar os pratos de comida saudable que estes peculiares visitantes soliciten.
Esta app infantil -que se pode utilizar en teléfonos móbiles ou tabletas- resulta un recurso educativo interesante, xa que lles vai permitir aos escolares pasalo ben ao tempo que aprenden algunhas das tarefas relacionadas coa cociña e coa preparación de pratos saudables. Entre elas, lavar a louza, cortar as cenorias e ata realizar un saboroso revolto de ovos que vai facer as delicias do esixente señor mofeta e do resto de personaxes.

Tamén che pode interesar