• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Pequeno granxeiro

  • Aplicación niños Pequeño granjero
  • App infantil huertos escolares
  • Animación educativa alimentos
  • Alimentación sana de niños y niñas
Idade: 
Escolares de educación infantil e primeiros cursos de primaria.
Idioma del recurso: 
Castelán/Inglés
Prezo: 
2,69 euros.
Descrición:

Pequeno granxeiro é unha aplicación educativa para móbiles e tabletas que lles ensina aos nenos e nenas a partir de catro anos de onde proceden as froitas, vexetais e carnes que precisan comer para seguiren unha alimentación saudable.
Os escolares internaranse no interesante mundo da granxa grazas ás 15 actividades educativas que propón esta app. Deste xeito, mediante o xogo, os pequenos van descubrir de onde veñen as froitas, como limpar e arar unha pequena horta escolar e mais a importancia de regar e de eliminar os parasitos nos plantóns que medran.
Esta aplicación didáctica, amais de divertida, esfórzase tamén en espertar a curiosidade dos nenos e nenas. Por iso, resulta un bo punto de partida para traballar sesións de alimentación saudable na aula e mais para informar sobre a orixe das comidas que os escolares atopan xa preparadas nos seus pratos.

Tamén che pode interesar