• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Tiny Kitchen (pequena cociña)

  • App infantil Tiny Kitchen
  • aplicaciones educativas alimentación sana
  • App educativas alimentacion
  • App alimentacion
  • app educación primaria inglés
Idade: 
Alumnos de educación infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma del recurso: 
Inglés
Prezo: 
1,79 euros.
Descrición:

Tiny Kitchen é unha entretida aplicación didáctica, en inglés, que lles vai permitir aos escolares de educación infantil e cursos iniciais de primaria preparar pratos saudables a través do móbil ou da tableta, mentres descobren o pracer pola gastronomía.
Catro simpáticos personaxes son os cociñeiros aos que os nenos e nenas van axudar: un león, un gato, un pingüín e un pequeno ninja. Coa súa colaboración, os escolares poderán preparar guisos de carne, pratos de froita ou pizzas caseiras e saudables.
Esta app infantil da alimentación saudable é bastante realista, e favorece que os escolares xoguen mentres que aprenden a utilizar os distintos electrodomésticos da cociña, como o forno ou os lumes. Iso si: con total seguridade.
Esta sinxela app vailles permitir aos escolares ter unha grata experiencia coa cociña. Unha vivencia positiva que suporá un primeiro achegamento lúdico á alimentación saudable e á gastronomía.

Tamén che pode interesar