• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Toca Kitchen

  • App infantil Toca Kitchen
  • aplicaciones educativas alimentación sana
  • Aplicación educativa para escolares
  • App alimentacion
  • app educación primaria inglés
  • Alimentos sanos educacion primaria
  • aplicaciones inglés
  • app para niños y niñas
Idade: 
Escolares de educación primaria.
Idioma del recurso: 
Castelán/Inglés
Prezo: 
2,69 euros en Google Play, gratuíta para iPhone.
Descrición:

Toca Kitchen é unha app educativa que achega os escolares de educación primaria ao mundo da cociña e da alimentación saudable.
Esta aplicación didáctica convida os escolares a preparar pratos sans para os animados visitantes que aparecerán pola cociña; entre eles un simpático gato e un agarimoso león.
Pero se cadra o máis interesante é que esta app lles ofrece unha gran liberdade aos alumnos: ofrécense 12 ingredientes que se poden preparar de 180 xeitos diferentes.
Os nenos e nenas poderán preparar os pratos sans ao seu xeito: ferver os ovos ou cocelos, fritir as patacas ou cociñalas no microondas. Unha ferramenta divertida que lles vai axudar aos profesores a lles transmitir aos seus alumnos a importancia da cociña e da alimentación saudable.

Tamén che pode interesar