• iniciar sesión
    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.
    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Alimentación Saudable na Escola.

  • Alimentación Saludable en la Escuela.
  • Libro de La alimentación de tus niños y niñas
  • Libro Actividad física saludable educación primaria
  • Libro alimentacion sana primaria
Editorial: 
Consellerías de Educación e Saúde da Junta de Andalucía.
Idioma do recurso: 
Castelán
Prezo: 
Gratuíto, dispoñible en formato PDF.
Destinatarios: 

Profesores de segundo ciclo de educación primaria.

Descrición:

O libro Alimentación Saudable na Escola é un exhaustivo material para docentes, pensado especialmente para os profesores de segundo ciclo de educación primaria.

Esta guía axudaraos a prepararse e a apoiar as súas clases de alimentación saudable. Para estas sesións, o libro incorpora catro bloques de materiais didácticos, organizados nos seguintes temas: Os alimentos como fonte de nutrientes, A pirámide da alimentación, As larpeiradas e O almorzo.

Os materiais pretenden servirlle ao profesor para organizar as súas clases de comida saudable: ofrecen propostas educativas para ser incluídas no currículo escolar ao longo de todo o ano lectivo e mais xogos didácticos e obradoiros de cociña saudable.

Moi apropiado para os docentes máis inquedos e con ganas de afondar nos problemas frecuentes e requirimentos nutricionais dos nenos e nenas de primaria.

Tamén che pode interesar