• iniciar sesión
    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.
    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

A alimentación saudable na etapa escolar.

  • La alimentación saludable en la etapa escolar
  • Libro de alimentación saludable en la etapa escolar
  • Libro para profesores de alimentación
  • La alimentación saludable en niños y niñas
Editorial: 
Departamentos de Saúde e Educación. Generalitat de Catalunya.
Idioma do recurso: 
Castelán
Catalán
Prezo: 
Gratuíto, dispoñible en formato PDF.
Destinatarios: 

Profesores e pais.

Descrición:

A alimentación saudable na etapa escolar é unha guía dirixida a centros escolares e profesores -tamén ás familias-, que inclúe as ferramentas necesarias para planificar as comidas equilibradas dos nenos.
O manual resulta un recurso útil para axudar as escolas a programaren mellor os menús semanais dos alumnos e, ao mesmo tempo, promover hábitos alimentarios saudables entre os escolares.
Este traballo préstalle especial atención á elaboración de menús no comedor escolar; unha información que detalla polo miúdo (estrutura, configuración da comida, grupos de alimentos, frecuencia de consumo, texturas, variedade de cores, temperatura, técnicas culinarias e porcións).
O libro ofrece tamén pistas para preparar o almorzo, o xantar e mais as ceas dos nenos; así como pautas para a comida no patio durante o recreo. Un recurso educativo interesante para os profesores e centros escolares; pero tamén para os pais, co fin de axudalos a combinar as comidas na casa coas que se dan na escola.

Tamén che pode interesar