• iniciar sesión
    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.
    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

A lavar os dentes!

  • Libro ¡A lavarse los dientes!
  • Libros educativos para niños
  • Libro alimentacion niños
Editorial: 
Combel editorial.
Idioma do recurso: 
Castelán
Prezo: 
14,50 euros.
Destinatarios: 

Nenos e nenas a partir de catro anos.

Descrición:

Logo dunha comida sa... é hora de lavar os dentes! O libro-xogo A lavar os dentes! é unha divertida ferramenta educativa para lles ensinar aos nenos e nenas a partir dos catro anos a importancia de coidaren a boca, como complemento aos seus hábitos de alimentación saudable.
Cantos tipos de dentes temos na boca? Como hai que cepillalos despois das comidas saudables? Que ferramentas precisamos para coidarmos da nosa boca? Os pequenos aprenderán as respostas a estas preguntas do xeito máis lúdico: axudando aos simpáticos personaxes do libro a coidaren a súa hixiene bucal tras as comidas.
Recortables, despregables, textos divertidos e coidadas ilustracións logran que este libro infantil tridimensional sexa divertido e educativo a partes iguais.

Tamén che pode interesar