• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

A voz do mundo

  • Vídeo La voz del mundo
  • Vídeos alimentación sana para niños
  • Vídeos contra la obesidad infantil
  • Vídeos alimentación educación infantil y primaria
  • Vídeos infantiles
Idade: 
Nenos e nenas a partir de seis anos.
Idioma do recurso: 
Inglés
Valenciano
Euskera
Catalán
Galego
Castelán
Duración: 
10 minutos
Valores que traballa: 
Hábitos de alimentación saudables e solidariedade.
Descrición:

Vídeo educativo, elaborado polo programa Enrédate de Unicef, no que unha nena narra a súa experiencia cando escoita "a voz do mundo". Esta voz amósalle a importancia da comida saudable e de seguir uns bos hábitos de nutrición para poder sentirse forte e con ganas de estudar.
O achado invita a nena a reflexionar sobre a situación que viven outros nenos no mundo, que non poden comer de maneira saudable acotío; e o difícil que é para eles ter enerxía para estudar e seguir o ritmo das leccións.
Este vídeo será un bo exercicio para repasar a pirámide nutricional cos escolares, mentres se fomentan outros valores importantes, como a solidariedade e a empatía.

Tamén che pode interesar