• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

A alimentación e a nutrición

  • A alimentación e a nutrición
  • Alimentacion y nutrición
  • Alimentacion y nutrición
Idioma do recurso: 
Castelán
Descrición:

Trátase dun xogo interactivo que consiste en preguntas e actividades sobre a alimentación e a nutrición.

 

A alimentación consiste en proporcionarlle ao corpo os alimentos sólidos ou líquidos que se seleccionaron e prepararon previamente.

 

Por outro lado a nutrición consiste en obter os nutrientes que hai nos alimentos, mediante un conxunto de procesos físicos e químicos, e facelos chegar a todas as células, para que estas poidan funcionar.

 

Alimentación e Nutrición son dous conceptos moi relacionados pero distintos:

Unha persoa pode estar suficientemente alimentada se comeu bastantes alimentos, pero pode estar mal nutrida se con eses alimentos non tomou todos os tipos de nutrientes que precisan as súas células para poder vivir e funcionar correctamente.

Polo tanto o destino dos nutrientes que hai nos alimentos son as células.

Como todo o noso organismo está formado por células, se estas reciben todos os nutrientes necesarios, o noso corpo estará san.

Tamén che pode interesar