• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Aprender as froitas en inglés

Idade: 
Alumnos de educación infantil e primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán/Inglés
Valores que traballa: 
Fomento do consumo de froitas.
Descrición:

Aprender as froitas en inglés é un xogo interactivo que persegue aumentar o consumo de froitas entre os alumnos de educación infantil e primaria, mentres que os escolares aprenden inglés.
Esta ferramenta educativa da alimentación saudable resulta moi intuitiva e visual, xa que convida os nenos e nenas a recoñecer as distintas froitas na pantalla e, ao mesmo tempo, a aprender o seu nome na lingua inglesa: apple (mazá), cherry (cereixa), pineapple (piña), etc.
A proposta final deste xogo online é que os escolares poidan demostrar o aprendido. De que xeito? Emparellando cada froita co seu nome en inglés. Esta actividade pódese realizar en grupo, se se conta cun proxector ou cun encerado dixital na aula.
O xogo interactivo Aprender as froitas en inglés pódelles servir de material de apoio aos profesores de educación primaria e infantil nas escolas bilingües, xa que os pequenos adquirirán palabras mentres aprenden a importancia de se alimentaren con froitas.

Tamén che pode interesar