• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Coa comida si se xoga

  • Con la comida sí se juega
  • juego online alimentacion
  • juego online alimentacion pirámide nutricion
Idade: 
Alumnos de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
A alimentación saudable
Descrición:

Coa comida si se xoga é un xogo online da alimentación saudable dirixido a nenos e nenas estudantes de educación primaria. O protagonista é un simpático boneco neutro (nin rapaz nin rapaza, nin fraco nin con sobrepeso) que lanza preguntas ao xeito do trivial sobre os hábitos á hora da comida.
Os escenarios onde transcorre o xogo resultan interesantes, por cotiáns: a cociña da casa, a aula, o patio da escola durante o recreo e o campo de adestramento deportivo.
Deste xeito, os creadores do xogo preténdense anticipar ás situacións cotiás nas que os nenos e nenas deben elixir que comida inxerir: unha peza de froita e un bocadillo saudable ou un anaco de bolería industrial? O boneco, por descontado, convídaos a se decantaren pola primeira opción.
Ao remate de cada fase de preguntas, co fin de afianzar os coñecementos, a aplicación convida aos rapaces a cubrir unha vistosa pirámide de vida saudable. Para iso, os xogadores deben colocar distintos alimentos e hábitos -como a práctica de deporte ou acudir á escola a andar- na pirámide, en función da súa frecuencia recomendada.
O xogo préstalle unha especial atención á hora do almorzo, un dos talóns de Aquiles da dieta infantil non equilibrada.
Coa comida si se xoga é un xogo interactivo sinxelo e educativo, que, aínda que sen afondar, si vai servir de primeira aproximación ás pautas de alimentación saudable para nenos e nenas.

Tamén che pode interesar