• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Froitas e estacións do ano.

  • juegos online Frutas y estaciones del año
  • juegos educativos alimentación sana
  • Juegos educativos alimentos
  • Juegos alimentación educación primaria y secundaria.
Idade: 
Alumnos de educación primaria e secundaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Fomento do consumo de froitas.
Descrición:

Froitas e estacións do ano é un sinxelo xogo interactivo, gratuíto, que permite aumentar o coñecemento sobre as froitas de tempada entre os alumnos de educación primaria e secundaria.
A proposta deste xogo educativo online é a seguinte: o alumno ou alumna atopa un cesto ateigado de froitas, entre elas mazás, amorodos, piñas, pexegos e kiwis. Agora precisa arrastralas ata a estación do ano na que, de maneira natural, é posible saborear a froita.
Este recurso, elaborado dentro do proxecto Fruticoles, resulta interesante porque pon a proba os coñecementos dos alumnos. Pero tamén porque lle vai permitir ao profesor afondar noutros temas, como a importancia de comer máis froita ou a longa viaxe que algúns destes alimentos realizan por diferentes países ata chegaren aos nosos pratos.

Tamén che pode interesar