• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Froitas e verduras. Para un mundo sostible e solidario

  • juegos online Frutas y verduras. Para un mundo sostenible y solidario
  • juegos online Frutas y verduras
  • juego online alimentacion primaria secundaria
  • Juegos alimentación sana de niños y niñas
Idade: 
Alumnos de educación primaria e secundaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Alimentación saudable e respectuosa co medio natural, fomento do consumo de froitas e verduras locais.
Descrición:

Froitas e verduras. Para un mundo sostible e solidario é un xogo educativo interactivo creado polo Goberno Vasco para promover o consumo de froitas e verduras locais entre os escolares maiores de dez anos.
Este xogo online da alimentación saudable e solidaria ensínalles aos estudantes as repercusións sociais e ambientais que comporta o consumo de froitas e verduras cultivadas en países lonxe do seu punto de consumo.
Froitas e verduras divídese en cinco xogos interactivos de alimentación sa e solidaria: De onde veñen?, As nosas froitas e verduras, De compras, Buffet de hotel e O ganso froiteiro.
A proposta educativa online ofrécelles aos alumnos e alumnas información sobre a orixe dos alimentos que consumimos, ao tempo que lles ensina o que son os produtos de comercio xusto.
Este recurso será útil tamén para que os estudantes aprendan cales son as froitas e verduras cultivadas en Euskadi e como a compra aos produtores locais tamén axuda a protexer o medio natural.