• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Froitas e verduras. Para unha alimentación sa

  • juegos Frutas y verduras. Para una alimentación sana
  • juegos educativos alimentación sana
  • juego online alimentacion pirámide nutricion
  • Juegos alimentación sana de niños y niñas
Idade: 
Alumnos de educación primaria e secundaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Alimentación saudable, fomento do consumo de froitas e verduras.
Descrición:

Froitas e verduras. Para unha alimentación sa é un xogo interactivo creado polo Goberno Vasco para fomentar o consumo de froitas e verduras entre os alumnos de primaria e secundaria.
Este xogo online da alimentación saudable desenvólvese nun mercado de verduras e froitas, e estrutúrase en cinco postos de venda, de xeito que cada un traballa unha temática: Froitas e verduras, Busca a súa tempada, Ao peso, Imos á horta e O meu menú.
Esta proposta educativa online ofrécelles aos alumnos e alumnas información relativa ás características das froitas e verduras e aos seus beneficios para a saúde. Pero tamén permite aprender divertidos refráns, e mais elaborar menús equilibrados que incorporen a cantidade precisa destes alimentos.

Tamén che pode interesar