• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Hábitos saudables: preparando menús

  • juegos online Hábitos saludables: preparando menús
  • juegos educativos alimentación sana
  • Juegos educativos alimentos
  • Juegos alimentación sana de niños y niñas
Idade: 
Alumnos de educación primaria e secundaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Promover unha alimentación equilibrada e aprender a preparar menús sans.
Descrición:

Hábitos saudables: preparando menús é un xogo interactivo que lles ensina aos escolares de educación primaria e secundaria a comer san e a seguir unha dieta equilibrada.
Que alimentos debe incluír un almorzo para ser proporcionado? Abonda cunha cunca de cereais con leite ou convén incluír un zume de laranxa e outra peza de froita? O xogo interactivo Hábitos saudables: preparando menús proponlles aos escolares crear diferentes menús de comida para o almorzo, xantar, merenda ou cea. Cal é o obxectivo? Comprobar que estas combinacións de comidas son equilibradas.
O desenvolvemento deste xogo online da alimentación saudable é o seguinte: selecciónase a comida que se vai preparar e, deseguido, escóllense da neveira os distintos alimentos que van formar parte dela.
Así que o escolar coida que rematou o seu menú, deberá comprobalo: un termómetro da nutrición vaise encargar de estudar os menús propostos e de advertir os alumnos cando falte ou sobre algún alimento importante para lograr que a súa comida sexa equilibrada.
Sinxelo pero moi práctico, este xogo online resulta unha interesante ferramenta para traballar os contidos de alimentación equilibrada e de prevención da obesidade cos escolares.

Tamén che pode interesar