• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Pezqueñines: Atopa a parella

  • juegos online alimentación Pezqueñines
  • Pezqueñines: Encuentra la pareja
  • juego online alimentacion pescado
  • Juegos alimentación sana de niños y niñas
Idade: 
Alumnos de educación primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Fomento do consumo de peixe.
Descrición:

Pezqueñines: Atopa a parella é un sinxelo xogo online que busca fomentar o consumo de peixe e mais ampliar o seu coñecemento sobre os peixes, entre os escolares de primaria.
Sabes distinguir unha sardiña dunha xarda ou dun bocarte? Coñéceslle a cara ao peixe sapo? Ou, onde se pescan os polbos? O sinxelo xogo Atopa a parella do Club Pezqueñines vailles ensinar aos alumnos de primaria estes e outros segredos do peixe.
A dinámica do xogo online é moi sinxela, xa que se trata do clásico xogo de parellas ocultas que os escolares terán que casar. Así e todo, este exercicio resulta moi interesante, xa que os alumnos van ter que memorizar a fisionomía e mais os nomes dos distintos peixes se queren pasar ao seguinte nivel con éxito.
O obxectivo? Mellorar o coñecemento do peixe e, en consecuencia, aumentar o consumo deste alimento entre os escolares.

Tamén che pode interesar