• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Pirámide NAOS

  • juegos online alimentación Pirámide NAOS
  • juego online alimentacion
  • juego online alimentacion pirámide nutricion
Idade: 
Alumnos de educación primaria e secundaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Pirámide nutricional e prevención do sedentarismo.
Descrición:

Pirámide NAOS é un xogo interactivo, gratuíto, que lles ensina aos escolares de educación primaria e secundaria o funcionamento da pirámide nutricional, ao tempo que prevén a obesidade nesa franxa de idade.
Este xogo interactivo esixe colocar distintos alimentos e actividades -desde practicar deporte ata ver a televisión- nos diferentes niveis da pirámide. Deste xeito, cando o alumno ou alumna acerta na posición, a pantalla ofrece información adicional sobre as características das comidas ou actividade colocada.
Pola contra, cando o estudante falla, o xogo advírteo. O alimento volverá ao seu sitio de orixe, e o estudante terao que volver colocar.
Pirámide NAOS é un xogo online cunha proposta moi sinxela que, así e todo, lles pode resultar de moita utilidade aos profesores para reforzar as ensinanzas sobre a pirámide nutricional na aula.

Tamén che pode interesar