• iniciar sesión
    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.
    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Prevenland

  • juegos online alimentación Prevenland
  • juegos educativos alimentación sana
  • juego online alimentacion educación primaria
  • Alimentación sana de niños y niñas
  • Alimentación sana educación primaria
Idade: 
Alumnos de educación primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Hábitos de vida saudables, prevención do sedentarismo, educación en saúde.
Descrición:

Prevenland é unha plataforma de xogos interactivos creada para escolares de entre oito e 12 anos, co obxectivo de que aprendan a importancia dos hábitos de vida saudable e mais doutros valores como a educación en saúde ou a vida social. Prevenland é un mundo virtual que lles vai permitir aos escolares xogar e chatear con outros compañeiros e compañeiras da aula, dun modo seguro. O trasfondo educativo desta gran plataforma de xogos interactivos é traballar valores como a prevención do sedentarismo -con propostas de baile online- e mais o fomento dunha alimentación saudable. Con este obxecto, os escolares terán inimigos aos que derrotar en grupo, entre eles, Vaglotón: un personaxe preguiceiro e lambón, que se fará forte se os alumnos descoidan a actividade física ou esquecen alimentarse dun modo san.

Tamén che pode interesar