• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Xogo de Sopa de Palabras

  • Xogo de Sopa de Palabras
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Aos nenos encántalles facer sopas de letras. Xoga ao crebacabezas da sopa de letras do Chef Solus e axúdaos a exercitar a súa memoria!
Descrición:

Aos nenos encántalles facer sopas de letras. Xoga ao crebacabezas da sopa de letras do Chef Solus e axúdaos a exercitar a súa memoria! 
 
Simplemente hai que facer clic na imaxe para iniciar o xogo. 
Selecciona o nivel de dificultade e logo escolle un crebacabezas de sopa de letras da seguinte lista. 
Cando atopes unha palabra, selecciónaa co rato.
As palabras poden aparecer en dirección cara arriba, cara abaixo, adiante, atrás e en diagonal. 
Cando atopes a palabra correcta entre as letras, a palabra aparecerá de cor gris na túa lista.   Para poder gañar os nenos teñen que rematar a lista. 
Poderán  ver canto tempo lles levou mirando o reloxo na parte superior, polo que trátase dun bo xogo tamén para que xoguen varios nenos e vexan quen consigue o mellor tempo. 

Tamén che pode interesar