• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Barrio Sésamo: O Conde conta movementos

  • juegos Barrio Sésamo: El Conde cuenta movimientos
  • juegos educativos contra obesidad
  • Juegos educativos deporte colegios
  • juegos actividad física
  • juegos educación primaria
Idade: 
Alumnos de infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Prevención da obesidade a través da actividade física saudable.
Descrición:

Barrio Sésamo: O Conde conta movementos é un xogo activo que fomenta o exercicio físico divertido como medio para combater o sobrepeso e a obesidade. O xogo está creado para nenos e nenas de educación infantil e primaria. O Conde Draco, monicreque da serie educativa Barrio Sésamo, que tiña como principal cometido ensinarlles aos escolares a contar, vai ser o encargado de motivar aos escolares neste divertido xogo activo. A idea consiste en imprimir os dous dados animados da actividade, e en pegalos nunha cartolina antes de recortalos. Un deles incorpora bonecos que realizan accións físicas –correr, saltar, bailar, etc.-, mentres que o segundo é un dado habitual, con números do un ao seis nas súas caras. Ambos os dous están dispoñibles no enlace da ficha, nas páxinas 15 e 16. Os nenos reuniranse nun lugar amplo, ao aire libre ou nunha aula interior espazosa. Un dos alumnos ou alumnas lanza o cubo de movemento: a acción que saia será a que todos van facer. Outro dos escolares será nomeado O Conde: este será o encargado de lanzar o cubo de números para saber cantas veces van facer o movemento. E toda a clase contará co Conde en voz alta! A proposta é repetir o xogo ata que todos os escolares lanzaran cando menos unha vez o cubo de movemento ou o cubo de números. O Conde conta movementos, creado pola asociación Sesame Workshop, é un orixinal xogo, doado de pór en práctica, que fomenta a actividade física saudable entre os escolares de primaria e infantil mediante o xogo, e dun xeito moi divertido.

Tamén che pode interesar