• iniciar sesión
    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.
    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Paxariña auga

  • juegos alimentación agua
  • juegos agua educación primaria
  • Juegos educativos alimentos
  • Juegos alimentación educación primaria
Idade: 
Alumnos de infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
A importancia da auga para unha alimentación saudable.
Descrición:

Paxariña auga é un xogo de preguntas e respostas, construído en papel, que lles ensina aos alumnos e alumnas de educación infantil e primaria a importancia do consumo de auga para unha alimentación saudable.
A Paxariña auga -creada polo programa Thao de prevención da obesidade infantil- consiste nun recortable de papel dobrado, coa forma do clásico adiviñador de papel –tamén chamado comecocos-, que se constrúe como unha peza de papiroflexia ou papel dobrado. A maqueta do xogo e mais as instrucións están dispoñibles no enlace da ficha.
O obxectivo é obter unha peza de papel dobrado e móbil con catro ocos, onde os nenos e nenas poidan introducir os seus dedos. Este adiviñador da alimentación saudable lanzaralles distintas preguntas aos escolares, en función de como coloquen os dedos. Entre elas, sabes que cantidade de auga contén o noso corpo? ou sabes cal é a bebida máis eficaz para calmar a sede?

Tamén che pode interesar