• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Paxariña farináceos

  • juegos alimentación Pajarita farináceos
  • juegos educativos alimentación sana
  • Juegos educativos alimentos
  • Juegos alimentación sana de niños y niñas
Idade: 
Alumnos de infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Alimentación saudable e prevención da obesidade infantil.
Descrición:

Paxariña farináceos é un xogo de preguntas e respostas sobre alimentación saudable e prevención da obesidade infantil, construído en papel, e pensado para alumnos e alumnas de educación infantil e primaria. O obxectivo desta actividade é aumentar o coñecemento dos escolares sobre o grupo de alimentos chamados farináceos (pan, cereais, galletas, etc.).
A Paxariña farináceos -creada polo programa Thao, contra a obesidade infantil- ten a forma do clásico adiviñador de papel -comecocos-, que se constrúe como unha peza de papiroflexia ou papel dobrado. A maqueta do recortable e mais as súas instrucións están dispoñibles no enlace incluído na ficha.
O obxectivo final é obter unha peza de papel móbil con catro ocos, onde os nenos e nenas poidan introducir os seus dedos. Unha vez construída, os escolares poderán responder as preguntas formuladas polo recortable, entre elas: que precisas para comezar o día con moita enerxía? ou cantas veces ao día hai que comer farináceos?
Os escolares atoparán as respostas correctas na propia paxariña. Por iso, este xogo, amais de traballar na aula a alimentación saudable e equilibrada, permite que os escolares amplíen o seu estudo fóra da escola da maneira máis divertida.

Tamén che pode interesar