• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Paxariña froita

  • juegos alimentación Pajarita fruta
  • juegos educativos alimentación sana
  • Juegos educativos alimentos
Idade: 
Alumnos de infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Alimentación saudable e prevención da obesidade infantil.
Descrición:

Paxariña froita é un xogo de preguntas e respostas sobre alimentación e loita contra a obesidade infantil, construído en papel, e pensado para alumnos e alumnas de educación infantil e primaria. O obxectivo desta actividade é fomentar os hábitos de comida sa entre os escolares, mediante unha mellora dos seus coñecementos de alimentación.
A Paxariña froita -creada polo programa Thao de prevención da obesidade infantil- ten a forma do clásico adiviñador de papel, tamén chamado comecocos. Está construído como unha sinxela peza de papiroflexia ou papel dobrado. A maqueta do recortable e mais as súas instrucións están dispoñibles no enlace da ficha.

Tamén che pode interesar