• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Recortable da figura humana: músculos, articulacións e ósos

  • juego Recortable de la figura humana: músculos, articulaciones y huesos
  • juegos educativos alimentación sana
  • Juegos educativos alimentos
  • juegos actividad física
  • juegos contra obesidad infantil
Idade: 
Alumnos de educación primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Actividade física e coñecemento do corpo para previr a obesidade infantil.
Descrición:

Recortable da figura humana: músculos, articulacións e ósos é un xogo en papel que lles ensina aos escolares de educación primaria a coñecer o seu corpo, co fin de que poidan practicar exercicio de maneira segura e previr así a obesidade.
Este recortable -que forma parte do proxecto Activilandia, contra a obesidade infantil, do Ministerio de Sanidade- consta dun boneco en papel, que serve de base para pegar o resto de figuras. Tamén inclúe modelos cos principais ósos, músculos e órganos do corpo. As diferentes pezas están dispoñibles no enlace da ficha (a partir da páxina 7).
A idea é que os nenos e nenas corten as distintas partes do corpo e as utilicen para reconstruíren o seu boneco do corpo humano. O xogo vén acompañado de material didáctico, que lle servirá ao profesor para apoiar as súas leccións de actividade física saudable, e de apuntamentos sobre a importancia do estiramento nos nenos e nenas e de evitar as sobrecargas durante a práctica de deporte na escola.

Tamén che pode interesar