• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Test: Descubre a túa forza interior

  • juegos Test: Descubre tu fuerza interior
  • juegos educativos contra obesidad
  • Juegos educativos deporte colegios
  • juegos actividad física
  • juegos educación primaria
Idade: 
Alumnos de educación primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Actividade física saudable para combater a obesidade infantil.
Descrición:

Test: Descubre a túa forza interior é un xogo de preguntas que lles ensina aos alumnos e alumnas de educación primaria a importancia de realizar deporte acotío para previr a obesidade infantil.
Este xogo de preguntas -que forma parte do proxecto Activilandia, contra a obesidade infantil, do Ministerio de Sanidade- consta dun sinxelo cuestionario infantil de 15 preguntas, que serve para que os escolares reflexionen sobre os seus hábitos diarios de actividade física, e detecten se levan unha vida demasiado sedentaria.
Velaquí algunhas das preguntas que inclúe este xogo da actividade física saudable: camiñas cada día máis de dez minutos para ir á escola?, adoitas subir e baixar as escaleiras no canto de coller o ascensor?, dedícaslle un cacho todas as tardes a xogar ao aire libre cos teus amigos? O cuestionario completo coas respostas está dispoñible no enlace da ficha (a partir da páxina 11).
A idea é que os nenos e nenas respondan e, despois, a clase poida avaliar en grupo os resultados obtidos. O profesor ou titor pode guiar a actividade e propor debates tras o xogo, como parte das súas leccións de fomento da actividade física cos escolares para previr a obesidade.

Tamén che pode interesar