Ficha técnica
Resumo Sesión 1:
Recordatorio grupos de alimentos.
Recordatorio pirámide da alimentación saudable.
Grupos 1, 3 e 5.
Actividades: elaboración dun menú semanal cos grupos de alimentos 1, 3 e 5. Traballo cooperativo.
Obxectivo Específico:
Lembrar e comprender o papel dos grupos de alimentos 1, 3 e 5 na pirámide da alimentación saudable e na Dieta Mediterránea.
Valorar os produtos locais como riqueza cultural cunha actitude sostible co planeta.
Concienciar o alumnado sobre outras realidades.
Fomentar unha conduta responsable para previr enfermidades cardiovasculares.
Contidos:
Grupos de alimentos na pirámide da alimentación saudable: lácteos, hidratos de carbono e froitas e a súa importancia na Dieta Mediterránea.
Frecuencia de consumo recomendada.
Produtos locais.
A visión dos nosos colaboradores.
Competencias Básicas:
Comunicación lingüística.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Competencias sociais e cívicas.
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor.
Conciencia e expresións culturais.