• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Diana come san

  • App infantil Diana come sano
  • App infantil
  • Aplicación educativa para escolares
  • App alimentacion
Idade: 
Alumnos de educación infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma del recurso: 
Castelán
Inglés
Catalán
Prezo: 
Gratuíta.
Descrición:

Diana come san é unha aplicación infantil para móbiles e tabletas que lles ensina aos nenos e nenas de entre catro e oito anos a comer ben. A finalidade desta sinxela app educativa é amosarlles aos máis cativos que é importante alimentarse de maneira equilibrada e saudable.
Crebacabezas, xogos para colorear online e divertidas propostas lúdicas para emparellar alimentos ou atopar as diferenzas constitúen o esqueleto desta sinxela app educativa pensada para que os nenos e nenas en idade escolar aprendan a se alimentaren xogando.

Tamén che pode interesar