Enerxía para medrar

É un programa educativo para centros escolares que pretende sensibilizar os nenos e nenas de primaria, e mais as súas familias, da necesidade de se alimentaren de maneira sa e de levaren hábitos de vida saudables.

Programa Educativo en Alimentación e Hábitos Saudables

Fundación Eroski, consciente do crecemento da taxa de obesidade infantil, debido principalmente aos novos costumes de alimentación e ás actuais rutinas de lecer dos máis pequenos, está tratando de frear esta tendencia a través do desenvolvemento dun programa educativo en colexios. O seu obxectivo é promover a alimentación e hábitos de vida saudables entre os nenos e nenas de Educación Primaria.

Por que che recomendamos participar no noso Programa Educativo?

Sabemos que, como docente, preocúpaste pola educación dos teus alumnos e alumnas tratando de inculcarlles novos valores. A metodoloxía deste programa é lúdica, participativa e experimental, os nenos e nenas realizarán pequenos proxectos grupais baseados na alimentación e nos hábitos saudables, fomentando sempre unha actitude construtiva, responsable e cooperativa.

  • O obxectivo primordial é sensibilizar as escolas sobre a importancia de ter unha alimentación equilibrada e seguir un estilo de vida saudable.
  • Os contidos foron configurados por profesionais da medicina, nutrición e dietética, psicopedagoxía e pedagoxía.
  • Dirixido á Educación Primaria, especialmente a 4º e 5º curso.
  • Unidade didáctica de 10 sesións para impartir na aula. Formadas cada unha delas por unha parte teórica e por outra con actividades en grupo.
  • O programa complétase con 3 talleres prácticos. Un, nunha tenda EROSKI, outro nas instalacións dun produtor de alimentos local e o terceiro nunha aula de cociña.

Queres participar?

Coñece todos os pasos a seguir e participa no noso Programa Educativo

É gratuíto!

Apúntate!
  • 0Nenos participantes
  • 0Centros educativos
  • 0Obradoiros realizados

El taller nos ha parecido muy enriquecedor para los niños. Han refrescado ideas que ya tenían sobre las sustancias nutritivas de los alimentos y aprendido datos nuevos sobre los tipos de grasas, el semáforo nutricional... Las unidades didácticas están muy completas. Es un programa muy bueno. ¡Enhorabuena!

Lorena – Colegio Patronato San José

La salida fenomenal, además tuvimos la suerte de que el súper estuviera vacío para nosotros!! Nos dieron incluso de desayunar allí.¡Para los niños/as fue una pasada!

Nerea Ikastola Ander Deuna

Estuvo muy bien, sobre todo porque fue súper dinámico, hicieron ellos la compra con su carro  y fijándose en los términos que habían trabajado con anterioridad... ¡Una manera muy práctica de aprender!

Argi Lekue - Ikastola Gatika

Los hábitos saludables nos ayudan a sentirnos mejor física y emocionalmente. Este es un taller muy vivencial y los niños han disfrutado muchísimo.
Soledad - Andrés Manjón

Queres que o teu centro participe?

Descarga a presentación do programa educativo: Carta de presentación,
Presentación do Programa Educativo e a Sesión 0: guía do docente.

E compártea no teu centro educativo!

Descárgao!

Recursos educativos

Selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende educación infantil ata bacharelato.

  • libros
  • videos
  • audios
  • infografías
  • apps
  • xogos interactivos
  • juegos
Descúbreos!

Recoñecementos do noso programa educativo

  • El Chupete
  • Estrategia Naos come sano y muevete
  • Fundación Coresponsables
  • Gosasun

Subscríbete ao noso boletín.

Subscríbete e coñece todas as novidades de Enerxía para crecer!

TELÉFONO DE ATENCIÓN: 94 607 28 41

De teres algunha dúbida sobre o noso Programa Educativo, chámanos.

Contacto: contacto@escueladealimentacion.es