A infografía A volta ao cole: ceas para nenos ensina como preparar ceas nutritivas e saudables para os menores durante a etapa escolar, de xeito que complementen os menús de comida ofrecidos polas escolas.
Este gráfico educativo animado detalla a importancia de elixir ceas variadas, lixeiras e nutritivas para os nenos e nenas, co fin de cubrir o equilibrio dietético durante a etapa escolar.
Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.
Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.
A volta ao cole: ceas para nenos
Enlace de descarga:
Descrición: