• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Xogar ao deporte rei coa cabeza

  • Infografía Jugar al deporte rey con la cabeza
  • Infografías educativas contra la obesidad secundaria
  • infografías deporte fútbol
  • Infografías contra la obesidad en secundaria
Descrición:

A infografía Xogar ao deporte rei coa cabeza é un recurso educativo que lles ensina aos alumnos e alumnas de educación secundaria a importancia de practicar deporte dun modo seguro, como maneira de evitar a obesidade. En concreto, detalla como xogar ao fútbol sen riscos.
Esta animación didáctica fomenta os hábitos de vida activos entre os escolares; pero tamén seguros. Con este fin, a infografía repasa as principais lesións que se producen durante a práctica do fútbol, un dos deportes máis elixidos no recreo, e mais o mellor xeito de evitalas.

Tamén che pode interesar