• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Con sabor a chocolate.

  • Libro Con sabor a chocolate
  • Libro alimentacion educación infantil
  • Libro alimentación niños y niñas
Editorial: 
Goberno Vasco.
Idioma do recurso: 
Castelán
Prezo: 
Gratuíto, dispoñible en formato PDF.
Destinatarios: 

Alumnos de primaria.

Descrición:

Este libro narra o que acontece cando os nenos Kontxi e Tontxu piden un peculiar desexo: transformar o sabor de toda a comida en chocolate. A arela dos pequenos tórnase realidade, e axiña o peixe, as verduras e ata o zume de laranxa do almorzo lles saberá a chocolate.
Agora ben, o feitizo vai aburrir os cativos decontado, e axiña devecerán polos gustos e cheiros únicos do resto de alimentos.
Con sabor a chocolate é un conto didáctico, breve e con gran cantidade de ilustracións, pensado para facilitar a educación en consumo entre os nenos de primaria.
O libro acompáñase de material didáctico para o profesorado e mais de xogos e doutras actividades de fomento da alimentación saudable para o alumnado. Tamén inclúe fichas didácticas para traballalas na aula.

Todo iso está dispoñible de modo gratuíto en formato de documento PDF, listo para imprimir e utilizar.