Editorial:
Oficina de Publicacións da Comisión Europea.
Idioma do recurso:
Castelán
Prezo:
Gratuíto, dispoñible en formato PDF.
Destinatarios:
Profesores de educación secundaria.
Enlace:
Descrición:
Educación para o Consumo é un completo e interesante manual para alumnos de secundaria, que traballa os beneficios da alimentación saudable e caseira, e que lles presta especial interese ás consecuencias da comida rápida ou "alimentos lixo".
O libro contén recursos didácticos que se poderán incorporar ao programa educativo de secundaria. A proposta de traballo apóiase, adicionalmente, no visionado dos documentais Sabemos o que comemos? e mais Slow Food, ambos os dous producidos por RTVE.
Interesante pola súa proposta e metodoloxía -soportada en vídeos- que busca empatizar cos alumnos de secundaria.