• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Guía didáctica: Plan de Consumo de Froitas nas Escolas.

  • Guía didáctica: Plan de Consumo de Frutas en las Escuelas.
  • Frutas en las Escuelas.
Editorial: 
Junta de Andalucía.
Idioma do recurso: 
Castelán
Prezo: 
Gratuíto, dispoñible en formato PDF.
Destinatarios: 

Profesores de primaria.

Descrición:

A Guía Didáctica: Plan de Consumo de Froitas nas Escolas está pensada para os profesores de primaria. Este manual ofrece o esqueleto de partida para programar e poñer en marcha proxectos de fomento do consumo de froita entre os escolares.
Pero, como involucrar ao resto dos docentes, aos pais e nais e aos propios alumnos? Esta guía incorpora algunhas claves para logralo: desde coidar os primeiros pasos do programa ata poñer en marcha accións de comunicación entre os participantes.
O manual docente, apoiado con material didáctico, é eminentemente práctico: permite poñer en marcha proxectos de fomento da froita nas escolas. Mais, se cadra, unha das partes máis interesantes é a dedicada a explicar iniciativas que xa funcionan noutros centros educativos. Unhas propostas que poden ser reproducidas ou adaptadas para outras escolas.

Algunhas ideas que incorpora son a creación dun froitómetro na escola (mural que permite constatar o incremento do consumo de froita dos alumnos durante os meses que dure o programa), actividades de degustación e posta en común de sensacións achegadas polas froitas, visitas a produtores e zonas rurais, así como a posta en marcha de pequenas hortas escolares.

Tamén che pode interesar