• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Álex e a horta máxica

  • Vídeo Álex y el huerto mágico
  • Vídeos alimentación sana para niños
  • Vídeos educativos para niños
  • Vídeos huertos escolares primaria
  • Alimentación sana educación primaria
  • Alimentos sanos para niños
Idade: 
Alumnos de infantil e primeiros cursos de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Duración: 
4 minutos
Valores que traballa: 
O consumo de froitas entre os máis pequenos, e mais o traballo das hortas escolares..
Descrición:

Divertidos debuxos animados infantís pensados para que nenos e nenas de infantil e primeiros anos de primaria descubran como medran as froitas.
O protagonista deste vídeo de animación é Álex, un neno de cinco anos de idade, que vive coa súa avoa nunha fermosa granxa. Un día, a súa avoa ofrécelle unhas sementes de melón para que as semente na horta. E Álex ponse ao tallo.
Cos seus coidados na horta, o neno conseguirá que medren os melóns, froitas das que despois gozará na mesa coa súa avoa.
Álex e a horta máxica resulta un atractivo traballo de animación. E é, ademais, un bo recurso educativo para achegar os nenos e nenas á horta escolar, e para lles ensinar de onde veñen as froitas que atopan no supermercado.

Tamén che pode interesar