• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Barrio Sésamo: A comida máis importante do día

  • Barrio Sésamo: La comida más importante del día
  • Vídeos alimentación sana para niños
  • Vídeos contra la obesidad infantil
Idade: 
Alumnos de infantil e primeiros anos de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Duración: 
2 minutos
Valores que traballa: 
A importancia do almorzo equilibrado, para a saúde e benestar dos nenos e nena.
Descrición:

Os clásicos monicreques do programa Barrio Sésamo encargaranse de lles lembrar aos alumnos de educación infantil e primaria por que o almorzo é a comida máis importante do día. E, en consecuencia, por que é fundamental non saltala.
Este vídeo didáctico traballa a alimentación saudable cos escolares mediante unha divertida animación de monicreques infantís, na que todos os obxectos cobran vida, incluídas as froitas, as cuncas de cereais e ata os vasos de leite. O obxectivo? Lembrarlles aos alumnos que, antes de iren á escola, cómpre realizar un almorzo completo e equilibrado.
Un valioso recurso educativo que enganchará aos alumnos máis pequenos, a partir de tres anos, grazas ás cancións e monicreques, que actúan como inesquecibles mestres da alimentación saudable.

Tamén che pode interesar