• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Food Pyramid for Children (A Pirámide Nutricional para nenos)

  • Food Pyramid for Children
  • La Pirámide Nutricional para niños
  • Vídeos contra la obesidad infantil
  • Vídeos educativos para niños en inglés
Idade: 
Alumnos de primaria e primeiros anos de secundaria.
Idioma do recurso: 
Inglés
Duración: 
3 minutos
Valores que traballa: 
A pirámide nutricional.
Descrición:

Food Pyramid for Children (A Pirámide Nutricional para nenos) é un capítulo da serie didáctica Nellie and Ned, programa educativo protagonizado por unha singular parella formada por un monicreque e mais unha rapaza de carne e óso.
Neste episodio, o peculiar dúo estará acompañado por un profesor-monicreque, que vai ser o encargado de repasar os segredos da pirámide nutricional: como funciona e que significa cada nivel.

Este divertido mestre explicará, ademais, por que os carbohidratos se colocan ao final da pirámide nutricional. E cantas porcións de cada tipo de alimentos precisan comer os nenos e nenas para medraren sans e teren enerxía abonda na escola.
Divertido e moi educativo, este vídeo apoia contidos específicos do currículo escolar, en concreto os referidos á importante pirámide nutricional. En consecuencia, servirá de axuda a alumnos e profesores de escolas inglesas ou bilingües de lingua inglesa, que ensinen a alimentación saudable nas súas aulas.

Tamén che pode interesar