• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

O twist das froitas

  • El twist de las frutas
  • Vídeos alimentación sana para niños
  • Vídeos educativos para niños
  • Vídeos alimentación educación infantil y primaria
  • Canciones de alimentación sana para niños
Idade: 
Alumnos de infantil e primeiros cursos de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Duración: 
3 minutos
Valores que traballa: 
O consumo de froitas entre os máis pequenos.
Descrición:

Este vídeo conta a historia de Gus, un pequeno verme que vive nunha fraga co resto da súa familia, pero ao que non lle gusta comer a froita que a súa nai lle preparara.

Mais un día Gus atopa no bosque unha pequena froita descoñecida á que confunde cun balón. Ao xogar con ela e sentir o seu arrecendo, o pequeno verme proba a froita e... descobre que lle gusta moito!
Este vídeo é participativo e permítelles aos nenos e nenas unha aprendizaxe interactiva e divertida; xa que lles lanza preguntas sinxelas que os escolares poderán contestar durante o visionado, e así comprobar que aprenderon a lección das froitas.
O vídeo-conto remata, ademais, cunha divertida canción-karaoke. En resumo: O twist das froitas é un entretido recurso educativo para fomentar o consumo de froitas entre os alumnos de primaria e infantil.

Tamén che pode interesar