Idade:
Alumnos de infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma do recurso:
Castelán
Valores que traballa:
Prevención da obesidade a través da actividade física saudable.
Enlace:
Descrición:
Barrio Sésamo: A moverse xuntos é un xogo-poema que fomenta a actividade física como medio de prevención da obesidade, pensado para xogar con alumnos e alumnas de educación infantil e primaria ao aire libre ou nun espazo interior amplo.
Epi, o coñecido monicreque da serie televisiva Barrio Sésamo, será o encargado de motivar os escolares. A proposta consiste en imprimir o xogo-poema da actividade física A moverse xuntos (dispoñible no enlace da ficha, na páxina 11), e colgalo nun lugar visible para todo o grupo de alumnos.
A idea é que o profesor lea o poema nun lugar amplo, que lles permita aos escolares moverse con liberdade. Os versos citan accións como baila!, corre! e ¡salta! Cada vez que o titor recite unha estrofa que conteña unha acción, os escolares deben realizala.
A moverse xuntos, creado pola asociación Sesame Workshop, é un orixinal xogo, doado de pór en práctica, que fomentará a actividade física saudable entre os escolares dun xeito moi divertido.