• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Barrio Sésamo: O baile da enerxía

  • Juego Barrio Sésamo: El baile de la energía
  • juegos educativos alimentación sana
  • Juegos educativos alimentos  primaria
Idade: 
Alumnos de infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Os nenos entenderán como os alimentos lles dan a enerxía necesaria para realizar actividade física.
Descrición:

Barrio Sésamo: O baile da enerxía é un xogo musical que lles ensina aos alumnos de educación infantil e primaria como os alimentos saudables ofrecen a enerxía que precisan para a actividade física.
Este xogo da alimentación saudable fará os nenos bailar, aprender a importancia da comida como fonte de enerxía e mais participar nun xogo de imaxinación. A idea é imprimir as fichas de alimentos saudables que inclúe o xogo-baile (ovos, brócoli, laranxas, iogures, etc.)e pegalas nun cartón forte antes de recortalas. As fichas están dispoñibles no enlace da ficha, na páxina 33.
Os nenos reúnense nun lugar espazoso, no patio ou nunha aula ampla. O profesor poralles música e convidaraos a bailar. Ao cabo dun cacho, o titor ha de ir baixando aos poucos o volume: cando o volume estea tan baixiño que non o poidan oír, explícaselles aos escolares que quedaron “sen enerxía”.
Que cómpre facer daquela para recuperaren a enerxía perdida e seguir bailando? Os alumnos e alumnas terán que razoar que precisan comer os alimentos saudables das fichas: cando dean coa clave, poderán seguir a bailar!
Barrio Sésamo: O baile da enerxía, creado pola asociación Sesame Workshop, é un singular xogo, doado de pór en práctica, que lle ofrece ao profesorado de infantil e primaria a oportunidade de traballar a importancia da alimentación saudable dun xeito moi divertido (e activo) cos seus alumnos.

Tamén che pode interesar