• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Os erros da alimentación

  • juegos Los errores de la alimentación
  • juegos educativos contra obesidad
  • Juegos educativos alimentos
  • Juegos alimentación sana de niños y niñas
Idade: 
Alumnos de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Coñecer os distintos grupos de comidas, como base dunha alimentación saudable.
Descrición:

Os erros da alimentación é un xogo para lles ensinar aos alumnos e alumnas de educación primaria os distintos grupos de alimentos que existen. E, deste xeito, traballar os fundamentos dunha comida saudable.
Este xogo, creado polo Goberno Vasco, consiste en recoñecer as diferenzas ou erros entre dúas rodas de alimentos dadas, cos distintos grupos de comidas. Os debuxos están dispoñibles no enlace da ficha (páxina 11).
O fundamento desta sinxela actividade é reforzar o coñecemento dos grupos de alimentos cos escolares de primaria, ao tempo que se fomenta a importancia dunha alimentación saudable.
A idea é que o profesor ou profesora introduza este xogo de diferenzas dentro das súas sesións de alimentación sa, co fin de apoiar a importancia dos hábitos de comida equilibrados.

Tamén che pode interesar